30 abril, 2024
O Goberno local acordou unha serie de varios proxectos de notable relevancia para a capital compostelá. Un deles é a reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios, a cal tentará solucionar tanto as filtracións que se producen no interior do pavillón deportivo como acondicionar o patio do propio colexio de Quiroga Palacios.
Así, levarase a cabo no interior do recinto a reparación dunha superficie de 1.385 m² de cuberta que permitirá cambiar a impermeabilización actual por unha nova. O acondicionamento do patio de recreo do CEIP suporá pola súa banda a renovación do pavimento, a construción dun novo peitoril de peche do patio no que se colocarán redes e postes novos, así como coa mellora do acceso coa substitución da actual escaleira por unha nova rampla e escaleira, garantirán a accesibilidade á pista deportiva de calquera persoa.
«A proposta do proxecto inclúe a execución de varios traballos, entre outros, a demolición de elementos existentes, a preparación do soporte e nivelación do forxado da cuberta, a colocación das capas para a impermeabilización da cuberta, a construción de una nova rampla e escaleira accesibles, o arranxo das fachadas, a instalación de baixantes, canalóns, arquetas e colectores de augas pluviais ou a renovación do pavimento.», sinalou o propio executivo municipal.
Agora, para a súa execución prevese o lanzamento dun proceso de licitación cun orzamento base 379.438,39 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.
HOSPITAL DE GALERAS
En relación cun dos grandes proxectos para a cidade, tamén foi aprobada a concesión da licenza á empresa que realizará as obras de rehabilitación do antiguo hospital de Galeras para a súa utilización como residencia de estudantes e hotel. A rehabilitación e acondicionamento deste edificio de nove plantas e unha superficie construída total de 12.743,20 metros suporá a creación de 215 habitacións para residencia de estudantes e 185 habitacións compara hopedaxe e terá un orzamento de execución material de 9.164.540,00 euros.
OUTRAS ADXUDICACIÓNS
Neste senso, a Xunta de Goberno local tamén deu luz verde á adxudicación do contrato da dirección facultativa das obras do proxecto para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite por un importe de 43.318 euros e tamén para as obras da senda peonil Rúa das Estrelas por 123.820 euros entre outros proxectos.