16 junio, 2024
Tras máis dunha semana cargada de presentacións, conversas, contacontos, lecturas, concursos, obradoiros, dramatizacións, sinatura de libros, rutas ou paseos culturais pola capital compostelá, esta despide hoxe a oitava edición da Semana do Libro de Compostela (SELIC).
Unha trintena de editoras, librarías, bibliotecas e institucións da cidade fixeron posible nos últimos nove días a celebración dun evento que levou a a festa do libro e a cultura á icónica Praza da Quintana, que baixa este domingo á persiana ata o próximo curso.
PROGRAMA DÍA 16 DE XUÑO
12h00 – Paseo Doentes
Paseo dramatizado polos espazos polos que transcorre a obra de teatro Doentes, de Roberto Vidal Bolaño. Con Mónica Camaño, Carlos Santiago, Clara Gallo e Silda García. (1 hora ). Edicións Positivas.
Na entrada principal da carpa.
12h00 – Contacontos ilustrado
A ilustradora Estefanía Padulles vai contando contos ao
tempo que crea debuxos. No Patio infantil.
13h00 – Son animal
Concerto infantil de presentación do libro de Paco Nogueiras ilustrado por Marc Taeger.
Editorial Kalandraka.
16h30 – Paseo Crime en Compostela
Mario Regueira lévanos polos escenarios da novela de Carlos Reigosa que cumpre 40 anos e polos espazos do xénero negro da cidade. (1 hora). Público: xuvenil e adulto. [Colabora: AELG]. Na entrada principal da carpa.
18h00 – Cómic Criminal
Carlos Portela e Miguelanxo Prado falan sobre Contrition de Carlos Portela e Keko, e Presas fáciles, de Miguelanxo Prado. Ambos libros de Norma Editorial.
19h00 – Celebración de Crime en Compostela
Conmemoramos o corenta aniversario da publicación da novela con Fran Alonso, Xaquín Núñez e Carlos Reigosa.
20h00 – Crime en carpaccio
Simone Negrin conta historias criminais de todo o mundo. [En colaboración co Festival Atlántica de narración oral].