27 julio, 2024
Tras completar a renovación da ilumnación nas parroquias, o Concello de Santiago de Compostela avanzará nos vindeiros meses nas zonas urbanas da cidade. Na actualidade xa se instalaron máis de 20.000 luminarias LED, o que supón case o 90% do total. Unha tecnoloxía máis eficiente e sostibles que o antigo vapor de sodio.
No verán, renovarase a instalación das rúas das Fontiñas e do Valiño, completando así os traballos neste importante barrio da cidade. Posteriormente, renovarase a iluminación do Cemiterio de Boisaca.Tras estes últimos detalles na zona urbana, o Concello de Santiago abordará a renovación da instalación no Casco Histórico, que está prevista a partir do mes de agosto.
Esta prevista tamén a realización de traballos de renovación da iluminación do Campus Sur, co obxectivo de incrementar a visibilidade nocturna nesta área da cidade.
A veciñanza pode comunicar calquera incidencia vía telefónica (900102301) ou na APP Liña Verde. Os avisos intégranse nunha plataforma de telexestión punto a punto, que detecta as avarías de forma automática e permiten a súa reparación nun curto período de tempo.