27 julio, 2024
Nesta nova edición da feira de artesanía Mostrart participarán 54 obradoiros rexistrados en Artesanía de Galicia. O horario repartiráse en diferentes quendas dentro do seguinte horario: de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 22:00.
Os postos estarán ubicados nos Xardíns de Méndez Nuñez, na zona da Avenida da Mariña e no Cantón Grande. Entre todos eles pódense descubrir expositores de coiro, téxtil e complementos de moda, xoiería e bixutaría, escultura, madeira, artesanía floral, xoguetes, cerámica, encadernación, cerería e instrumentos musicais.
Na programación de actividades vinculadas á feira inclúese «Oficios ao sol», unha serie de obradoiros abertos para introducir os visitantes nos diferentes oficios.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na inaguración de Mostrart.