18 mayo, 2024
1916.- A fundación das Irmandades da Fala, rede de agrupacións político-culturais que ten como elemento fundamental a propaganda e o emprego intensivo do idioma galego, abre un período crucial na reivindicación e no cultivo deste, pois se dá un paso decisivo na súa dignificación e modernización, segundo sinala o Consello da Cultura Galega. O galego comeza a exercitarse regularmente na prosa narrativa (relato e novela), na prosa non ficcional (artigo, ensaio, textos didácticos e informativos), na oratoria pública e no discurso formal. Por parte dos autores, destacan figuras como V. Risco (1884-1963), R. Otero Pedrayo (1888-1976) e, sobre todo, A. Rodríguez Castelao (1886-1950). No grupo dos axentes de difusión cultural, destacan periódicos como A Nosa Terra (1917-36), revistas como Nós (1920-23, 1925-35), e iniciativas como a colección ‘Lareira’ (1924-28) e a editorial ‘Nós’ (1927-36). Tamén destaca o papel do Seminario de Estudos Galegos (1923-36), tanto no plano erudito e cultural como no do cultivo do idioma galego. Grazas ao esforzo do Partido Galeguista (fundado en 1931) e ao apoio dos grupos republicanos, elabórase un proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia que lle outorga ao idioma galego carácter cooficial. O levantamento militar de 1936, a subseguinte Guerra civil (1936-39) e a ditadura do xeneral Franco afogan a sangue e ferro este movemento, que aínda terá a súa continuación no exilio americano, en particular en Buenos Aires, onde en 1944 ve a luz unha obra emblemática deste período: Sempre en Galiza, de A. R. Castelao.
1589.- Los ingleses prenden fuego al convento de Santo Domingo, barrio y parroquia de Santo Tomás y arrabal de Pescadería de A Coruña, saqueándolo todo y preparándose al reembarque, que tendría lugar al día siguiente.
1890.- En el Salon Curty e inmediaciones de Vigo se celebra una reunión de unos mil obreros en demanda de una jornada de ocho horas, doble precio para las horas extraordinarias, descuento por abandono forzoso del trabajo entre otras medidas sindicales. Compostela celebró también una concentración obrera en el mismo día.