O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante a presentación da campaña das Letras de Feiraco o pasado mes de abril.
4 julio, 2024
A empresa láctea Feiraco, integrada na cooperativa rural galega CLUN, e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades darán a coñecer mañá os gañadores das dúas categorías do XII Certame de Microrrelatos Feiraco, organizado en conmemoración do Día das Letras Galegas. O acto de entrega de premios celebrarase este venres, 5 de xullo, ás 10 h nas instalacións de CLUN en Ames.
A entrega de premios contará coa participación da Dirección da cooperativa CLUN, do Secretario Xeral da Lingua, Valentín García, e do fundador da Libraría Follas Novas, Rafael García e durante o acto, entregaranse os galardóns aos gañadores de cada unha das categorías.
Así, os gañadores da Categoría Xuvenil son:
1º Miguel Salgado Abraldes (CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea)
2º Analía Baloira Núñez (IES Xemán Ancochea Quevedo de Trives)
3º Noa Rodríguez Pájaro (IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives)
Por outra banda, os gañadores da Categoría Adulta son:
1º José Alvite Lema
2º Pablo Nogueira Campo
3º Manuel Felípez Collazo
Ao remate da entrega de premios, convidarase aos asistentes a un breve almorzo, mentres que posteriormente, os gañadores realizarán unha visita á fábrica láctea de Feiraco, situada nas mesmas instalacións.