3 julio, 2024
En 1927, Ben-Cho-Shey, Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco emprenderon unha peregrinación de Ourense a Santo André de Teixido (Cedeira). Desa viaxe polos antigos camiños do país naceu un libro, con textos de Ramón Otero Pedrayo e ilustracións de Vicente Risco. Tanto uns coma outras supoñen unha detallada visión da paisaxe rural galega dos anos 20 do pasado século.
“Pelegrinaxe” que transitou polos seguintes lugares e nas etapas que se citan:
Luns, 4 de xullo de 1927: De Ourense a Viana.- Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey saen de Ourense polo camiño real de Cudeiro para entrar no sur de Lugo en dirección a Viana (Chantada).
Martes, 5 de xullo de 1927: de Viana a Monterroso.- Os camiñantes diríxense ata Monterroso polo leste da serra do Faro, entre pazos e arte románica e popular.
Mércores, 6 de xullo de 1927: de Monterroso a Palas de Rei.- Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey saen de Monterroso, visitando igrexas románicas e distinguindo castros maxestuosos, ata chegar a Palas de Rei.
Xoves, 7 de xullo de 1927: de Palas de Rei a Rábade pasando por Lugo.- A chuvia obriga os nosos viaxeiros a tomar o coche de liña para Lugo. Unha tranquila paseada pola tarde lévaos ata Rábade.
Venres, 8 de xullo de 1927: de Rábade a Vilalba.- Os camiñantes admiran os bidueiros da Terra Chá e séntense a gusto no comercio vilalbés.
Sábado, 9 de xullo de 1927: de Vilalba ás Pontes de García Rodríguez.- Otero, Risco e Ben-Cho-Shey camiñan pola Corda ata As Pontes, unha vila na que se sorprenden pola cantidade de veraneantes.
Domingo, 10 de xullo de 1927: das Pontes de García Rodríguez a Ortigueira.- Os nosos camiñantes non poden camiñar nesta etapa: van en coche das Pontes ata Ortigueira, unha vila da que van gostar moito.
Luns, 11 de xullo de 1927: de Ortigueira a Santo André de Teixido.- Nunha motora, os viaxeiros van de Ortigueira a Mera para despois subir á Capelada con amigos e cumprir, con asombro e emoción, a súa viaxe.
En 2016 recreouse a ruta nunha producción cinematográfica, “Pelegrinaxes”, dirigida por Simone Saibene e que mistura documentación y ficción.
1288.- El rey D. Fernando sentencia en Sevilla contra el Concejo de Tui “por los denuestos que dijeron al obispo D. Lucas”.
1866.- LA junta de Vizcaya declara hijo adoptivo de Viscaya a Méndez Núñez y da un voto de gracias a los marinos de la guerra del Callao.