5 de f de 2024
2 julio, 2024
O equipo Amigos Veteranos Sárdoma de Vigo volveu a levantar o trofeo de campión galego de veteranos. Nesta ocasión no campo As Corticeiras de Caldas e co Gastro Bar El Patio de Santiago como adversario. O partido rematou con triunfo vigués por 0-2.
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presenciou a final e entregou as medallas e os trofeos aos dous equipos, acompañado polos vicepresidentes José Manuel Fernández (responsable de fútbol veterano) e Fernando Iglesias.
Parabéns!!