18 mayo, 2024
Hoxe comenzan as festas do San Isidro de Bugallido, organizadas pola Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido, O Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria, en colaboración co Concello de Ames e coa Deputación da Coruña. A celebración iniciarase co concerto de Treixadura, ás 20:30 horas.
Esta actuación está subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Posteriormente, ás 22:30 horas haberá unha foliada aberta para que calquera que o desexa poida cantar e bailar.
Mañá domingo,, terá lugar a misa solemne na honra a San Isidro, ás 12:30 horas, na que actuará a Coral Polifónica de Bugallido.
A continuación, dará comezo a sesión vermouth, na que participarán novamente as escolas de baile e música tradicional de Bugallido.
Xa pola tarde, actuarán os Viqueiras de Ordes e, a partir das 18:30 horas, Faíscas da Pontraga e Tanto nos Ten.
Ademais da ambientación musical, o domingo haberá servizo de cantina e polbeiro, e os asistentes poderán gozar de racións de empanada e de callos a prezos populares. Por último, instalaranse diversos postos artesanais, e os máis cativos poderán gozar de animación infantil.