Presentación das Festas
4 julio, 2024
Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación das Festas do Verán de Ribeira que se celebrarán os días 31 de xullo, 1, 2, 3 e 4 de agosto.
Á presentación acudiron, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suarez-Puerta, o presidente da comisión de festas, Daniel González e o representante da empresa Grupo Fercosqui, Alberto Fernández.
O concelleiro de Festexos, Suarez-Puerta enumerou a variedade de propostas de este ano que ten como piar principal a diversidade en tres diferentes vertentes, diversidade nos espazos, diversidade nas propostas e a diversidade para as persoas neurodiverxentes.
En espazos amplíanse a novas localizacións para unha maior promoción económica, en propostas cos máis pequenos coma protagonistas, e para todos os públicos explorando en novos estilos musicais demandados pola veciñanza; mesturando artistas da contorna con propostas máis consolidadas. Este ano se aposta polo flamenco, para seguintes edicións incorporaranse outros estilos coma protagonistas. Recuperarase ademais a sardiñada que outrora se celebraba no Campo da Feira que pasará a facerse nas Abesadas.
Todas actividades terán como transversalidade a diversidade e sensibilización para persoas e nenos/as neorodiverxentes, actuando en materia de control do audio nas atraccións e na prevención (farase entrega de auriculates de protección e instalaranse pictogramas); neste senso a Asociación Ágape vai a facer un mercadiño solidario para visualizar a neurodiverxencia.
O alcalde gabou o labor e implicación do segundo tenente de alcalde, da comisión de festas e dos patrocinadores. Resaltou tamén a innovación, variedade das propostas, espazos e a inclusión. Pérez Barral resaltou importancia de seguir traballando arreo para que as festas sexan un éxito e un espazo de encontro, alegría e celebración. Rematou alentando á rapazada e ás familias de Ribeira a gozar neses días.