A organización incide en que a xuntanza vai a ser nun parque natural e haberá que cinguirse a unhas normas polo que o número de inscricións serán 60 como máximo, as inscricións faranse no Bar A Curuxa en Olveira ou no teléfono: 881 56 15 41. Jesús indicou que a organización vai a facer unha escultura “photo-call” onde se van a poder subir os nenos e agradeceu a colaboración do xuradoformado pola Asociación contra o cancro de Ribeira e a influencer Nuska Chouza.

Rematou o acto de presentación o segundo tenente de Alcalde, Suárez-Puerta afirmando que esta xuntanza vai a ser unha novidade para os nenos do concello “para nós é moi importante facer actividades novidosas para nenos e máis se cabe se poden interactuar na mesma espallando a súa creatividade”. Todos os participantes terán que traer os aparellos para deseñar a escultura, os nenos estarán acompañados por un só adulto.

Imagen Presentación da I Xuntanza de esculturas de area na praia da Ladeira