Programación:
Sesión temática: Transmisión e mantemento da lingua. Ribeira e a súa contorna.
Perfil sociolingüístico do Barbanza. Henrique Monteagudo (Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC e Director do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
A transmisión interxeracional da lingua no Barbanza. Xaquín Loredo (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
Transmisión e mantemento da lingua na infancia: as dinámicas familia / escola / pares. Gabino Vázquez-Grandío (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega).
Descrición da situación da transmisión e mantemento do galego no eido educativo.
Mesa redonda moderada por Henrique Monteagudo (USC) coa participación
de Pilar Ponte (IES Félix Muriel de Rianxo), Teresa Hernández Alfaraz (CEIPP de Palmeira) e David Novo Martínez (CEIP de Artes).
Visita á illa de Sálvora. Viaxe ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A toponimia, as lendas, a vida na illa… E todo na compaña do noso bardo máis admirado Quico Cadaval.