19 abril, 2024
O Concello de Oroso presentou oficialmente o Campus de Verán Fundación Celta 2024 by Cabreiroá, que terá lugar do 24 ao 29 do próximo mes xuño no campo de fútbol Lino Balado. Tal e como sinalan dende o propio Concello, esta emocionante iniciativa ofrece aos mozos unha semana chea de diversión e deporte nun Campus de Verán que incluirá dende actividades de fútbol ata outras opcións recreativas para os participantes.
No anuncio deste campus, impulsado en colaboración coa Fundación Celta, estivo presente o Alcalde, Alex Doval, e a Concelleira de Cultura, Ensino, Infancia, Xuventude, Muller e Igualdade, María Requejo así como o Presidente da Escola Deportiva Xuventude de Oroso, José Ferro.