4 junio, 2024
Para conmemorar a celebración do peche do curso das actividades da Aula Sénior de Lalín impartidas por Ategal, onte inaugurouse no Auditorio unha exposición de obras artísticas dos alumnos participantes nos talleres de pintura ao óleo e acuarela. O acto, que contou con notable asistencia de público, contou coa participación da concelleira de Política Social, Carmen Canda, e do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo. Estivo amenizado pola Coral de Ategal de Santiago de Compostela.
Pódese ver ata o 28 de xuño no Auditorio Municipal