30 julio, 2024
O Concello de Silleda adxudicou á empresa Sotega Noroeste S.L. as obras de ampliación do parque de xogos da praza da Feira da Bandeira, cun importe total de 38.250,39 euros, financiados polo Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. Sotega Noroeste S.L. presentou a mellor oferta entre as 15 empresas concorrentes.
Os novos xogos instalaranse no espazo da praza liberado tras a demolición dunha vivenda adquirida polo Concello. «O urbanismo ben entendido debe reordenar espazos para facilitar o seu desfrute por parte da cidadanía, e esta obra é o mellor exemplo. Recuperamos superficies públicas para a nosa rapazada», destacou a alcaldesa e responsable de Urbanismo, Paula Fernández.
Os traballos incluirán a instalación de dous bambáns tradicionais e un balancín de resortes, incrementando a oferta de xogos no parque, que foi remodelado hai un ano cun investimento de máis de 100.000 euros. Ademais, construiráse unha pista multideporte con porterías e canastras, ocupando un espazo de 12×6 metros, dando resposta ás demandas dos usuarios do parque.
As obras comezarán de inmediato para compaxinar estes traballos coa finalización das melloras e humanización da praza, na zona da rúa do Entroido, grazas ao plan DUS 5000.