Vidal aludiu á comprensión da veciñanza “pedir as desculpas aos usuarios dos vehículos polos cortes do tráfico que haberá un pouco antes do inicio da pobra e ata o final da mesma, a entrega de premios será sobre as 19.30 h” tamén quixo agradecer ao grupo de emerxencias, á policía local e ao GAEM polo seu traballo e esforzo para que a carreira sexa unha realidade.

Pola outra banda Moncho Sampedro, impulsor do I Memorial a Miguel Ruiz puxo en valor a súa figura como principal impulsor da carreira “foi o que sentou as bases para que esta cita sexa das máis importantes da tempada durante 25 anos”. 

Toda a información da carreira está colgada en ribeira.gal no apartado de deportes: https://www.ribeira.gal/deportes2/-/asset_publisher/24rY4F7BVu8F/content/id/441626