Todo iso, “cun obxectivo único: cumprir de forma eficaz e sostible coa súa misión e garantir, ademais, unha volta a terra segura de todas as persoas que traballan na mar ou realizan actividades turísticas, de recreo acuático e de transporte de mercadorías”. Homenaxe ás heroínas de Sálvora. O nome do novo buque supón unha homenaxe ás catro heroínas galegas de Sálvora: María Fernández, Cipriana Oujo, Josefa Parada e Cipriana Crujeiras. Catro mulleres que, en 1921, na illa galega de Sálvora situada no Concello de Ribeira, conseguiron salvar a 56 persoas das que viaxaban no correo Santa Isabel. Para iso, utilizaron as dornas coas que realizaron varias viaxes no medio do temporal cando o Santa Isabel afundíase, nun accidente que foi o maior naufraxio producido en Galicia.
O alcalde de Ribeira, que viaxou para a presentación coma invitado, engadiu que “coma ribeirenses estamos orgullosos de que este moderno buque faga homaenaxe ás “Heroínas de Sálvora” co seu nome, tamén nos honra que 8 galegos conformen esta tripulación dos cales cinco son de Ribeira”.
O alcalde transmitiulle ás autoridades presentes a disponibilidade do concello para que o novo buque recale en Ribeira para que a veciñanza poda contemplalo.
Pérez Barral declarou que “é un motivo de ledicia que o buque permita coñecer a historia do noso Concello e unir máis aínda se cabe os lazos entre Ribeira e as illas Canarias”.