12 agosto, 2024
O Parlamento de Galicia celebrará este mércores unha reunión da Deputación Permanente na que se abordará o proceso de «adxudicación e sobrecusto de construción do centro hospitalario Álvaro Cunqueiro da cidade de Vigo. O debate ábrese a petición do partido do BNG, pois a semana pasada presentou unha solicitude de reunión urxente ao coñecer un sobrecusto de 470 millóns de euros.
A cita será o mércores ás 11:00. Ana Pontón, portavoz do BNG, sinala este feito como unha «estafa» para a cidadanía galega, ao escoller un método de «hospital con recortes e privatizado», polo que esixen explicacións.
O PSdeG considera esta mesma petición no Parlamento e precisan saber por que Rueda decidiu retocar o proxecto inicial para recortar o número de camas como o persoal sanitario.
Rueda defende a opción escollida polo goberno como un «sistema excepcional para un momento excepcional».