30 julio, 2024
Despois de máis de 40 concertos, tras sacar o seu primeiro disco, a banda Battosai proba cun segundo álbum. Cabe dicir que volve cun aspecto totalmente renovado, pois a Héctor Ojea únenselle: Mauro Gómeza, á batería, e Carlos Freira, ao baixo.
‘Estrellas’ convertese así no entrante dun menú elaborado con referencias do grunge, rock alternativo, post-hardcore e emo. Unha mestura que estará unida no futuro álbum, Lágrimas Y Milagros, que sairá á luz o 31 de outubro de 2024.
O tema xa está dispoñible en todas as plataformas e, incluso, pódese gozar del co seu videoclip que está dirixido por Anxo Beiro -coñecido por ser a cabeza pensante das imaxes de Fai Tempo de The Rapants, finalista dos Premios Mestre Mateo 2024- e conta co deseño de Miguel Duarte.
O trío traballou man a man co produtor catalán Santi García (La MODA, Berri Txarrak, Viva Belgrado, Cala Vento) no estudo Ultramarinos Costa Brava da provincia de Girona.