24 julio, 2024
1948.- Tal día como hoxe e no Teatro Arxentino de Buenos Aires, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciou, como colofón das Xornadas Galegas que organizase o Centro Galego de Buenos Aires, o seu afamado discurso patriótico, que causou un forte impacto na audiencia de emigrantes galegos. Un texto que a partir da edición feita do mesmo por Eduardo Blanco Amor en 1951, a iniciativa da Comisión de Cultura do Centro Galego que dirixía Luis Seoane, sería coñecido para a posteridade como Alba de Gloria.
“A alocución de don Alfonso R. Castelao, pola beleza da forma e pola fondura dos conceptos, cautivou vos asistentes a este gran acto que enchían toda a sala e que premiaron a disertación do Sr. Castelao con aplausos que o interromperon algúns instantes e que se fixeron máis extraordinarios ao finalizar o orador a súa Alba de Groria”. (Galicia, Revista do Centro Gallego, nº 427. Agosto de 1948.)
Un discurso de estudada significación política que o rianxeiro comezara a escribir un ano antes, en Marsella, motivado polo que en 1930 e no mitin celebrado con motivo do Dia de Galiza no teatro García Barbón de Vigo pronunciou Ramón Otero Pedrayo A significación espritoal do Dia de Galiza, acto no que interviñeran tamén o propio Castelao e Valentín Paz Andrade entre outros varios.
O discurso de Buenos Aires é un buscado intento de axuntar a Historia dos grandes personaxes e os seus feitos máis relevantes coa importancia da Tradición profunda e imperecedoira que pervive para a posteridade no pobo galego. Afortunadamente, Galicia conta, para a súa eternidade, con algo máis que unha Historia mutilada, conta cunha Tradición de valor imponderable, que iso é o que importa para gañar o futuro. Por iso fala da Santa Compaña dos galegos inmortais pero tamén da moitedume de luciñas que representan ao pobo. Con claras referencias xacobeas, o discurso ábrese con expresa mención á festividade do Apóstolo e ao comezo desa muiñeira de badaladas que van de torre en torre animando ao día de Galicia. A especialísima dedicatoria e homenaxe a Alexandre Bóveda e a referencia á nostalxia dos emigrados compón o marco global do último discurso multitudinario do rianxeiro, ao que a enfermidade arrebataría apenas dous anos despois, seica consciente, no momento de pronuncialo, do seu imposible retorno á súa amada terra galega.
Singular mostra de añoranza teñen, nos primeiros parágrafos do discurso, o seu imaxinario paseo pola paisaxe de Galicia. Desde as planicies de Lugo, cubertas de bidueiros, ata as rías de Pontevedra, orladas de piñeirais; desde as serras nutricias do Miño ou a garganta montañosa do Sil, ata a ponte de Ourense, onde se peitean as augas de ambos os ríos; ou desde os cabos da costa brava da Coruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, ata a cima do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xorde unha alborada de gloria.
Un discurso que conclúe coas archirrepetidas palabras de Velaí o que eu quería dicir neste Día de Galicia, en encomio da nosa Tradición, por encima da nosa Historia, a todos os galegos que residen nesta terra que para nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns. Que a fogueira do espírito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.
1386.- El duque de Lancaster Jun de Gante, que intenta la conquista de Castilla, ataca A Coruña con un numeroso ejército, donde tomó seis galeones como rehenes, pero en la que no pudo entrar, defendida heroicamente por su gobernador Fernán Pérez de Andrade.
1544.- Combate naval de Muros. El marqués de Santa Cruz, D. Álvaro de Bazán, derrota a la armada francesa de Francisco I, que en aquella villa quería cobrar contribución, y cuya numerosa tropa fue degollada.
1879.- Se desploma a las seis de la mañana la techumbre de la antigua y monumental capilla de San Andrés de A Coruña