24 julio, 2024
Un total de 53 veciños e veciñas de Brión, maiores de 60 anos, participaron onte nunha excursión a Lugo e á fonte termal da Charca do Alligal en Vilalba. Esta foi a cuarta sesión das “Xornadas de Verán para maiores de 60 anos” organizadas polo Concello de Brión, que levou de excursión a máis de 200 maiores durante o mes de xullo.
A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, destacou a boa acollida do programa e o disfrute das saídas, que por primeira vez incluían unha guía. Durante a mañá, os participantes fixeron un percorrido guiado por Lugo e a súa muralla, rematando cunha visita ao Museo Provincial. Logo de xantar en Vilalba, trasladáronse á Charca do Alligal para gozar das súas augas termais.
As “Xornadas de Verán” comezaron cunha excursión ao Grove, incluíndo un paseo en barco pola ría, visitas á Illa da Toxa, o miradoiro de Siradella e Vilagarcía de Arousa. A segunda viaxe foi a Valença (Portugal), con paradas na Virxe da Roca (Baiona). A terceira viaxe levou aos participantes á Mariña lucense, con visitas a Burela, Viveiro, o miradoiro de San Roque e a fábrica de Sargadelos, onde viron o proceso de elaboración das famosas cerámicas.
Rosa Romero destacou que o programa comezou despois da pandemia con visitas en Brión e arredores, e que continuarán organizando novas actividades para promover o envellecemento activo dos maiores.