Francisco Otero Lijó achegou no acto documentación da Asociación de Veciños “As Dunas” (da que foi secretario e logo presidente) e tamén a documentación como correspondente ao xornal “La Voz de Galicia”.
Dende o arquivo municipal sinalan que a doazón feita polo señor Otero que “axuda a coñecer mellor a historia e circunstancias da parroquia de xeito que se podería chegar a formar un fondo especial nos fondos do Arquivo Histórico co nome de “Corrubedo” e engadiron “a nosa idea é que esta primeira doazón sirva de ánimo para que a xente considere a posibilidade de doar documentación que teña (arquivos persoais, familiares, empresariais,…) ao Concello de Ribeira ou ben que permita reproducilos mediante dixitalización e devolver os orixinais a os seus propietarios e tamén unha reprodución dixital.
Francisco Otero manifestou “sentirse agradecido e feliz de dar unha saída para a custodia de toda a documentación” que ao largo da vida fun acumulando tanto a nivel persoal como nas miñas diversas etapas de concelleiro e sobretodo coma presidente da asociación de veciños “As Dunas” de Corrubedo, son 25 anos de existencia da asociación e 45 de actividade persoal que lle adiquei á comunidade”.
Pérez Barral agradeceu de maneira especial a doación de Francisco Otero grazas á que “Ribeira recupera a historia de Corrubedo cuns fondos que datan dende 1979 ata o ano 2000 e que nos permite acrecentar os fondos documentais do arquivo municipal con respecto a esta parroquia ribeirense”.
O rexedor animou á veciñanza que posúa documentos históricos en propiedade que se poña en contacto co Arquivo Municipal de Ribeira para estudar a maneira de que eses documentos se podan consultar públicamente mediante doazóns ou dixitalizacións.
O alcalde anunciou tamén unha doazón futura de Otero Lijó dun documento do século XIX sobre salvamento de náufragos concedido a unha familiar súa no tempo de Isabel II. “Vemos que Ribeira foi un exemplo en actuacións de rescates tanto a nivel colecivo como de maneira indivisual e como Administración pública debemos preservar, custodiar e difundir toda esa documentación para xeracións vindeiras”.
O arquiveiro municipal, José Antonio indicou que tamén se está ideando levar a cabo antes de final do presente ano unha exposición e/ou publicación de fotos antigas de Ribeira que non son coñecidas e foron doadas por amigos e colaboradores do arquivo.