16 julio, 2024
Dous dos mellores briólogos do mundo ofrecerán este mércores 17 de xullo sendas charlas sobre taxonomía, diversidade e conservación nunha xornada organizada polo Grupo de Ecotoxicoloxía e Ecofisioloxía Vexetal (ECOTOX) do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS).
As charlas de Irene Bisang e Lars Hedenäs, investigadores do Museo Nacional de Historia Natural de Suecia e mundialmente recoñecidos polo seu traballo no campo da brioloxía e especialistas na bioloxía reprodutiva, evolución, taconomía e conservación destes organismos, terán lugar ás 11.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía.