Nesta segunda presentación Santamaría desvelou os “Percebeiros de Honra” de esta edición onde haberá novidades con motivo da dobre celebración do peresente ano; o XXV aniversario da Festa do percebe e o Centenario da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.
Santamaría reseñou “este ano os dous homenaxeados son Domingo Ayaso, que é carpinteiro de ribeira que é moi querido neste pobo e que leva toda a vida facendo e reparando dornas, e o seguinte é Daniel Bravo que é de Carreira o seu pai estivo vinculado á confraría é catedrático de historia, un coñecido historiador e escritor que tamén nos está axudando co Centenario de cara ao vindeiro mes de outubro”
José Antonio anunciou coma novidade nesta edición; unha carpa máis longa de preto de mil metros cadrados, tamén haberá unha polveira que tamén terá churrasco, vaise a cambiar o sistema para mercar as bebidas; se habilitará un despacho de billetes só para bebidas, tamén os pratos de este ano van a ser co deseño do XXV aniversario e de outra cor, haberá camisetas da festa para mercar a bo prezo deseñada polo estudio de tatuaxe «Maleficent Tatooo», Santamaría fixo a acordante aos visitantes que os pratos son para levar de recordo. As entradas se poderán mercar con antelación nas instalacións da confraría a partires do vindeiro luns 15 de xullo de 9:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 17:00 horas., desta maneira poderase axilizar as colas.
Para o XXV aniversario cóntase con case unha tonelada de percebe seleccionado e de máxima calidade, Santamaría comentou que “non nos importa perder…, preferimos que a xente veña, deguste o produto e que pague un prezo económico que imos manter a 18,00 € por 350 gr, este prezo non se manexa por ningures” para finalizar engadiu “queremos neste aniversario que a xente veña a degustar o noso produto e se se vaia para o seu fogar cun sabor atlántico e unha experiencia da máxima calidade e sen rascar moito o peto”
O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes declarou que “a colleita é dende punta Falcoeiro ata Basoñas e que non queremos defraudar aos veciños e visitantes por iso desexamos que sexa unha degustación cun produto espectacular, aquí na capital do percebe”.
O tenente de alcalde, Vicente Mariño, agradeceu á confraría o traballo e seu apoio para que Aguiño sexa a capital do percebe, se estivo apurando para que Aguiño luza no aniversario e centenario.
O segundo tenente de alcalde, Suárez-Puerta tamén manifestou gratitude e admiración polo XV aniversario da festa e recordou que sesión vermú da mesma será amenizada polo o grupo “Leite con Ghalletas”.
Para rematar o acto Pérez Barral, deu os parabéns polo traballo, á traxectoria e o aniversario no que o concello ademais de colaborar economicamente ca confraría, estase a estudar en colaboración co patrón maior para facer un centenario que non deixe indiferente a ninguén e se integre nas lembranzas de veciños e veciñas.