A historia das “Heroínas de Sálvora” engrandécese na presentación do novo buque de Salvamento Marítimo que leva o seu nome
Presentación buque de Salvamento Marítimo: "Heroínas de Sálvora"
C.R.
5 julio, 2024
O ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente, presentou hoxe, en Las Palmas de Gran Canaria, o buque máis grande, moderno e versátil da frota de Salvamento Marítimo: «Heroínas de Sálvora». A nova embarcación, na que se investiu a histórica cifra de 53,6 millóns de euros (IVE incluído), confirma o compromiso do Ministerio e do Goberno coa seguridade no mar e a modernización dos medios da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR).
“Trátase do mellor buque da frota do noso país destinado a garantir a seguridade marítima e loitar contra a contaminación nos nosos mares. Outro exemplo da aposta decidida deste goberno por modernizar os medios cos que conta SASEMAR”, asegurou o ministro durante a presentación do novo buque «Heroínas de
Sálvora». “É un buque polivalente que engloba as funcións que ten encomendadas SASEMAR: a procura e o rescate en naufraxios, o remolque de embarcacións avariadas, a extinciónde incendios nos buques ou a loita contra verteduras contaminantes na mar”, explicou Óscar Puente antes de detallar que é unha embarcación única e pioneira polas novas tecnoloxías das que dispón. Así, é o primeiro buque civil de salvamento do mundo deseñado especificamente para operar con drons e conta con tecnoloxía en consumo enerxético ECO para reducir as emisións. “No espazo marítimo non podemos ser, en ningún caso, máis permisivos coa necesaria e ineludible redución de emisións e contaminación do planeta”, aseverou.
Durante o acto, o titular do Departamento estivo acompañado, entre outros, polo director xeral de Mariña Mercante, Gustavo Santana, o director de
Salvamento Marítimo, José Luis García Lena e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.
O buque «Heroínas de Sálvora», que agora entra en servizo, terá a súa base no centro de coordinación das Palmas, que está previsto que se traslade en setembro a unhas novas e modernas instalacións para seguir realizando a vixilancia da mar e o control de buques.
No contexto de reforzar SASEMAR para facilitar o seu servizo público, Óscar Puente anunciou que se está planificando o investimento en novas embarcacións de tipo Guardamar e Salvamar, así como nun helicóptero de gran porte. Esta aposta pola modernización de Salvamento Marítimo tamén se traslada aos recursos humanos onde, segundo o ministro, “incrementamos de 3 a 4 os tripulantes das Salvamares en Canarias e hoxe temos nestas illas 295 traballadores, case o 20% do persoal total”, ao que engadiu que “contamos con marxe de manobra para reforzar o dispositivo no caso de que os rescates aumentasen”.
Novo buque «Heroínas de Sálvora». A fabricación do novo buque «Heroínas de Sálvora» presentado hoxe, supón un gran fito dentro do Plan de Salvamento. A súa construción realizouse en España, en concreto no estaleiro Zamakona en Santurtzi. Ten 82,35 metros de eslora e 18 m de manga, cunha tonelaxe bruta de 3.996 toneladas e unha potencia instalada de 14.860 kW.
Para traballar cos drons, esta nova embarcación inclúe unha cuberta de voo para drons de ata 9 metros e un hangar con capacidade simultánea para dous drons, co que se mellora a capacidade de manexo de todas as situacións ás que se fai fronte en Salvamento Marítimo. Tamén, é un barco que aposta pola sustentabilidade, xa que incorpora tecnoloxía seco e propulsión diésel eléctrica e conexión eléctrica a porto para reducir as emisións da súa actividade. A súa tripulación compóñena 16 persoas, das cales 8 son galegos e 5 son de Ribeira, algo que é “moitivo de orgullo” como asegurou o alcalde ribeirense. Dispón dunha zona de habilitación con capacidade para outros 24 técnicos para cando actúe como base en operacións especiais. Ademais, conta con 14 modos de operación en propulsión diésel- eléctrica; catalizadores para reducir óxidos de nitróxeno; planta de tratamento da auga de lastre (que estabiliza o buque); climatización con gas refrixerante de baixa emisión e conexión eléctrica a porto.
Todo iso, “cun obxectivo único: cumprir de forma eficaz e sostible coa súa misión e garantir, ademais, unha volta a terra segura de todas as persoas que traballan na mar ou realizan actividades turísticas, de recreo acuático e de transporte de mercadorías”. Homenaxe ás heroínas de Sálvora. O nome do novo buque supón unha homenaxe ás catro heroínas galegas de Sálvora: María Fernández, Cipriana Oujo, Josefa Parada e Cipriana Crujeiras. Catro mulleres que, en 1921, na illa galega de Sálvora situada no Concello de Ribeira, conseguiron salvar a 56 persoas das que viaxaban no correo Santa Isabel. Para iso, utilizaron as dornas coas que realizaron varias viaxes no medio do temporal cando o Santa Isabel afundíase, nun accidente que foi o maior naufraxio producido en Galicia.
O alcalde de Ribeira, que viaxou para a presentación coma invitado, engadiu que “coma ribeirenses estamos orgullosos de que este moderno buque faga homaenaxe ás “Heroínas de Sálvora” co seu nome, tamén nos honra que 8 galegos conformen esta tripulación dos cales cinco son de Ribeira”.
O alcalde transmitiulle ás autoridades presentes a disponibilidade do concello para que o novo buque recale en Ribeira para que a veciñanza poda contemplalo.
Pérez Barral declarou que “é un motivo de ledicia que o buque permita coñecer a historia do noso Concello e unir máis aínda se cabe os lazos entre Ribeira e as illas Canarias”.
Compartir
Te puede interesar...
Silleda acoge proceso selectivo para cubrir 84 plazas de Policía Local en 32 ayuntamientos.
Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcionales
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.