Manuel Lustres Rivas
1 julio, 2024
O diario dixital Público.es fíxose este pasado sábado eco da historia do xornalista e escritor ribeirense Manuel Lustres Rivas, asasinado o 10 de novembro de 1936 e o protagonista dunha ampla reportaxe elaborada por Laura Anido e coa colaboración de Xosé María Fernández Pazos, José Antonio Ventoso Mariño e Manuel Ruíz Rivas.
Baixo o título “Manuel Lustres Rivas, el galleguista que luchó contra el caciquismo y fue asesinado por los franquistas”, o artigo repasa a traxectoria do insigne ribeirense e recolle aspectos da vida do “escritor, loitador social, pero sobre todo xornalista.
Rivas (1888, Ribeira), moi vinculado ao galeguismo e aos movementos agraristas, foi asasinado polo réxime franquista debido aos seus ideais políticos e a súa loita pola defensa dos dereitos do campesiñado galego e acabar co caciquismo da época.
En 2016, coincidindo co 80 aniversario do seu asasinato, o Concello de Ribeira fixo unha edición facsímil da obra “Pandemonium”, editada en 1917, que recollía artigos de Lustres Rivas publicados na prensa da época. Esta edición foi agasallada aos veciños. Tamén, en 2013, o goberno local inaugurou o Centro Cultural que leva o nome do xornalista para poñer en valor a súa memoria e a cultura.
Tamén, con anterioridade, o 5 de decembro de 1986, o Pleno do Concello de Ribeira, presidido polo socialista José Antonio Ventoso Mariño, inmerso nunha campaña para cambiar os nomes franquistas das rúas da cidade, decidiu nomealo fillo predilecto a título póstumo e dedicarlle unha rúa que leva o seu nome.