25 junio, 2024
1971, Inaugúrase en Compostela o Instituto da Lingua Galega.
En 1971 a Universidade de Santiago de Compostela crea o primeiro instituto universitario dedicado á investigación e promoción do galego: o Instituto da Lingua Galega (ILG). Segundo recolle a propia institución na sua páxina web, inicialmente, unha das súas tarefas prioritarias é a elaboración do primeiro método de aprendizaxe do galego (1971-1974) e a impartición dos primeiros cursos de lingua. No terreo da investigación, preséntanse as primeiras teses de doutoramento sobre a lingua galega, que serán publicadas como anexos da revista Verba. Anuario de Filoloxía Galega, primeira publicación científica da lingüística galega, que comeza a súa andaina en 1974.
Neste ano, e co apoio desde o comezo da Fundación Barrié, iníciase un dos seus proxectos máis importantes: o Atlas Lingüístico de Galego (ALGa). Entre novembro de 1974 e xullo de 1976 e en maio de 1977, Rosario Álvarez, Francisco Fernández Rei e Manuel González, membros do Instituto, realizaron in situ as enquisas en 167 puntos do dominio lingüístico galego (152 de Galicia e 15 das comarcas galegófonas de Asturias, León e Zamora). A Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e posteriormente a Secretaría Xeral de Política Lingüística, financiaron os traballos de tratamento e análise dos materiais do ALGa, que fan posible a elaboración dos volumes publicados, grazas tamén ao apoio da Fundación Barrié, desde 1990 ata a actualidade.
O 3 de xullo de 1982 prodúcese a aprobación, nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do ILG, das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG), elaboradas por unha comisión mixta de ambas as institucións. As NOMIG foron oficializadas en novembro dese mesmo ano polo goberno galego, converténdose nas primeiras normas da lingua galega con apoio académico e recoñecemento institucional. Con anterioridade, en 1976, iniciáranse os seminarios para a elaboración das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego, que se publican en 1977, e que son o precedente máis importante das NOMIG.
Tamén en 1982 o ILG é distinguido co Premio Ossian, instituído pola Fundación Alfred Toepfer FVS para salientar persoas ou institucións recoñecidas polo seu contributo a prol da salvagarda, estudo e promoción das linguas minorizadas de Europa.
Ademais, o Instituto acolle en 1986 o Coloquio de lexicografía, baixo a dirección do profesor Ramón Lorenzo que congregou destacados investigadores e investigadoras a nivel internacional.
Por outra banda, en 1988 o ILG comezou a impartir os cursos de verán de lingua e cultura galega para estudantes de fóra de Galicia, que uns anos despois organizaría en parcería coa Real Academia Galega, sempre coa axuda económica da Xunta de Galicia, e que reúnen cada ano persoas de diversos países interesadas no estudo da nosa lingua e cultura. No mesmo ano preséntase a versión provisional do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega elaborado por Antón Santamarina e Manuel González, obra de referencia para a elaboración dos dicionarios galegos contemporáneos.
1652.– Inquisidores ordenan la prisión en cárceles secretas, con secuestro de todos sus bienes, de Ana Rodríguez y Gaspar Fernández Barrabás de Aleaña, su marido. Éste de 50 años, moreno de rostro, mercader, alto, gordo, cabello negro. Ana Rodríguez de 30 años, alta hermosa, pelo negro, que viven en la Porta do Camiño de Compostela.
1287.- Rodrigo Gómez de Neda, de la nobleza gallega, otorga en Montpellier testamento en el que dice haber cometido atropellos en Galicia y manda hacer restituciones.