‘Sabor a novo’ chega este domingo a Santiago poñendo en valor a artesanía galega e o comercio local

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou esta mañá o evento "Sabor a novo", nunha rolda de prensa na que tamén participaron a súa organizadora e directora de Correveydile, Mónica Mejías; a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; e a xerente do Pazo de San Lourenzo, Charo Barca.