5 junio, 2024
O Concello de Vilagarcía conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente colaborando coa iniciativa promovida polo colexio Sagrada Familia para plantar arbustos no parque municipal de Pinar do Rei. A actividade consistiu no lanzamento de bombas de sementes que, tanto a rapazada como o propio alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García, se encargaron de distribuír polo espazo forestal.
Un dos alumnos de primeiro da ESO foi o encargado de explicar o funcionamento das bombas de semente que eles mesmos elaboraron no centro, días antes, con barro no que se introduciron as sementes das especies a plantar. As pequenas bolas de barro, xa secas, utilizáronse como proxectís cos que bombardearon a parcela de Pinar do Rei en espera de que a humidade e as chuvias as disolveran en facilitasen que as sementes, unha vez na terra e cos nutrintes que se incorporaron ao barro, prendan e xerminen correctamente.
Para a ocasión elixíronse sementes de plantas aromáticas como lavanda, tomiño, romeu e coandro.
O alumnado participante na actividade foi agasallado por parte do Concello cos chalecos co lema “Sempre polo Medio!”