3 junio, 2024
O Concello de Camariñas foi un dos 41 municipios e xeodestinos que participaron na décima edición da Feira de Festas de Interese Turístico (FESTUR) que se celebrou en Silleda desde o 30 de maio, ata o domingo, 2 de xuño.
A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña foi o principal reclamo do stand do Concello, no que as persoas que visitaron a feira poideron ver diferentes pezas das coleccións de Viviana Araújo (Estilo Aramar), unha participante habitual do desfile de ArtEncaixe. Ademais, houbo demostracións e venta de encaixe de Camariñas coa presenza das asociacións Rendas e Puntillas.
As pezas de Viviana Araujo estiveron expostas en 6 maniquis 2 e vitirinas e entre elas se atopaban: un kimono, unha capa de plumas, un abrigo, unha blusa, un vestido, dous tocados, un bolso e un chal.
Na inauguración da feira estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, ademais da directora da Mostra do Encaixe, Dolores Lema.
Festur reuniu, durante os catro días, a máis de cincuenta festas de interese turístico de Galicia, a maior cifra desde que se puxo en marcha este certame no ano 2014.