30 mayo, 2024
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, dirixido polo concelleiro José Luís García, organiza mañá venres unha función do espectáculo «De Castro a Villalta» co que se dará por finalizada a programación de actividades dos meses de abril e maio que, baixo o título Primavera de Cultura, ofertou 12 propostas para todos os públicos.
A actividade que pechará este programa trátase dun contacontos a cargo da compañía A Xanela do Maxín que representará mañá venres «De Castro a Villalta». Este espectáculo pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta. Está unción vai dirixida ao público escolar, terá lugar mañá na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro ás 11:30h, en horario lectivo, e nela participarán 50 alumnas e alumnos de 4º de Primaria do CEIP de Arzúa e do Colexio Nosa Señora do Rosario.
A programación Primavera de Cultura contou cunha ducia de actividades gratuítas e para todos os públicos con propostas arredor do Día do Libro e das Letras Galegas. Así, a través da música, artes escénicas, exposicións, encontros e presentacións literarias fomentouse a lectura e o coñecemento e visibilización das nosas Letras e tradicións.
O concelleiro de cultura, José Luís García, destacaba desta programación que finaliza a “ampla intervención dos distindos centros educativos, asociacións e artistas locais e a boa acollida por parte do público contando todas as iniciativas cunha alta participación como sucedou, por exemplo, na exposición do colectivo LUCET que alcanzou as 668 visitas durante a súa estadía na Capela da Madanela». García tamén avanzaba que na vindeira semana presentarase ao completo a programación cultural do verán.