25 mayo, 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe o compromiso e a solidariedade das familias que participan no programa “Vacacións en Paz” que impulsa Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) co apoio da Xunta de Galicia. Díxoo nunha xornada formativa na que participaron familias que durante o verán acollen nos seus fogares a nenos e nenas saharauís procedentes dos campos de refuxiados de Tinduf, en Alxeria.
Jacobo Rey agradeceu a implicación destas familias, que demostran que Galicia é unha terra de acollida sempre disposta a axudar ás persoas que o necesitan. Neste sentido, salientou o impacto positivo que ten este programa tanto nos nenos que chegan como nas familias de acollida.
Así mesmo, o director xeral indicou que a través de “Vacacións en Paz” proporciónaselles aos menores unha estancia agradable, a posibilidade de coñecer unha cultura distinta establecer vínculos duradeiros coas familias galegas. Na edición do verán pasado, máis de 200 nenos e nenas saharauís estiveron en concellos de toda Galicia.