22 mayo, 2024
Continúa o Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, coa proxección do filme ‘Europa ’51’ (1952), do cineasta italiano Roberto Rossellini (VOSE, 110 minutos). Protagonizado pola lendaria Ingrid Bergman, o film narra a historia dun adiñeirado matrimonio estadounidense que leva unha vida despreocupada en Roma ata o suicidio do seu fillo. A nai, traumatizada e sentíndose culpable por non atendelo desde a infancia, decide axudar á xente máis necesitada nos barrios máis humildes da cidade. Con todo, a súa axuda a un delincuente fará que pase a estar baixo sospeita a ollos da policía.
A proxección terá lugar hoxe ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade e a presentación da sesión correrá a cargo do profesor Ángel Enrique Carretero Pasín (Departamento de Filosofía e Antropoloxía). A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.
Esta actividade, por outra banda, forma do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC.