21 mayo, 2024
O Salón de Actos da Facultade de Filosofía acolle este martes 21 a partir das 18.00 horas unha sesión especial de cine presentada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Na xornada, co lema ‘Eterna Nakba. 76 anos do exilio palestino’, terá lugar a proxección do filme ‘Farha’ (2021), da cineasta xordana Darin J. Sallam.
Este film relata a Nakba, término árabe que significa «desastre» empregado para referirse ao éxodo palestino, dende o punto de vista de Farha, unha adolescente palestina que se agocha nun alpendre durante horas para tratar de escapar da violencia nas rúas.
Desde o seu escondite, Farha é testemuña dos horrores e a devastación que teñen lugar fóra, nunha historia que mostra a súa angustia e desesperación ao observar como a súa comunidade é destruída e como a súa vida cambia para sempre.
Ademáis da proxección, a xornada inclúe tamén unha charla a cargo do director do festival Amal, Ghaleb Jaber Martínez. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.