20 mayo, 2024
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, incorporouse á comisión executiva da Asociación Española de Gestores Públicos de Vivienda y Suelo (AVS), da que forma parte o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
García Porto foi elixido para formar parte da executiva na última asemblea de AVS, que se celebrou en Madrid.
A Asociación Española de Gestores Públicos de Vivienda y Suelo é unha entidade de ámbito estatal que agrupa organizacións e institucións destinadas ao desenvolvemento de vivenda pública da que forman parte máis de 160 institucións como comunidades autónomas, concellos, deputacións e empresas públicas dependentes delas dedicadas á promoción de vivenda, xestión de solo, urbanismo e servizos.
En Galicia a Asociación conta unicamente con tres membros: o Instituto Galego da Vivenda e Solo e as empresas municipais de vivenda da Coruña e Lugo. No resto de España, multitude de concellos, dende capitais de provincia a outros de mediano tamaño, que promoven vivenda pública forman parte desta asociación.