15 mayo, 2024
Universidade de Verán da USC traerá un ano máis nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro cun amplo catálogo de cursos que se desenvolverán en Compostela, Lugo e diversas vilas galegas. Dende este mércores 15, xa é posible matricularse en cada unha das 41 actividades ofertadas e o prazo permanecerá aberto ata dez días antes do comezo de cada curso.
Nesta sentido, a maioría da oferta destes eventos, un total de 24, se desenvolverán en Santiago de Compostela, así como outros 4 en Lugo, aínda que este ano esta Universidade de Verán amplíase con cursos que chegarán a A Coruña, Ares, Guitiriz, Lalín, Mondoñedo, Monforte, Noia, Oia, Ribeira, San Martiño de Meis, Seoane do Courel, Vilar de Santos, entre outros.
Así, en Compostela organizaranse cursos sobre vida saudable, goberno dixital e inclusión social, desenvolvemento de enerxías renovables e transición enerxética, bioloxía e biotecnoloxía, manipulación informativa, as mulleres con poder da Idade Media, o mindfulness, as XV Leccións Xacobeas Internacionais da USC; dereito e música, xustiza climática e infancia, reimaxinar os territorios urbanos, Humanidades dixitais, o XII Curso de Divulgación da Química, creatividade e Camiño de Santiago, simulación clínica en situacións de urxencia, LaTeX, novas tendencias en medicina, unha proposta de iniciación ao audiovisual, a prestación de servizos sanitarios, matemáticas húngaras, os libros ilustrados de non ficción, bioimpresión en 3D, análise de datos con R e arquivos e museos.