10 mayo, 2024
A Área Deportiva da USC abriu oficialmente o prazo de inscrición nas actividades de verán, unha selección de actividades físico-deportivas relacionadas co benestar, a aprendizaxe deportiva, as actividades acuáticas, o traballo aeróbico e de acondicionamento físico. Serán un total de 14 as actividades propostas en Santiago, onde o prazo de inscrición xa está aberto ata o 19 de maio.
Así, dentro das propostas ofertadas estarán as actividades acuáticas, incluindo aquagym, natación para persoas nacidas no ano 2009 e anteriores, natación de 2007 e 2010, natación 1968 e anteriores, natación deportiva e natación terapéutica.
No apartado de benestar, lecer e actividades aeróbicas, Ioga, mindfulness, pilates e tai-chi + chi-kung conforman a oferta que se desenvolverá ao longo de xuño e xullo nas Actividades de Verán. así como unha oferta de GAP + tono e zumba no mes de xuño.
Tamén ofertarase kung-fu na modalidade de aprendizaxe deportiva durante os meses de xuño e xullo, sumado a unha ruta de sendeirismo especial para percorrer o Pireneo Francés, que se desenvolverá do 24 ata o 30 de xullo.