30 abril, 2024
A colección de Clásicos do Pensamento Universal, de edicións USC, verá ampliado o seu catálogo nos próximos anos cun surtido de novos títulos. Así o aprobou o Comité Científico da colección, que incorporará así un “suxestivo elenco de títulos de diferentes temáticas e cronoloxías que hai que sumar aos máis de corenta volumes da editados”, según sinalou o director de Edicións USC, Juan Blanco.
Esta nova carteira editorial para o bienio 2025-2027 contará con Que é a Ilustración (1784) e outros textos de Inmanuel Kant; Os reis taumaturgos (1924) de Marc Bloch; O sagrado e o profano (1957) de Mircea Eliade; O segundo sexo (1949) de Simone de Beauvoir; Eloxio da imperfección (1987) de Rita Levi-Montalcini e A sociedade da mente (1986) de Marvin Minsky.
Nesta liña, ademáis destes novos títulos aprobados, tamén verán a luz nos próximos meses, entre 2024 e 2025, Como facer cousas con palabras (1962) de John L. Austin, Orientalismo (1978) de Edward W. Said; Confesiones de Agostiño de Hipona; O «jackknife», o «bootstrap» e outros plans de remostraxe (1980) de Bradley Efron; Muller e economía (1898) de Charlotte Perkins Gilman e Radioactividade (1935) de Marie Curie.
O Comité Científico de Clásicos do Pensamento Universal, que presidido polo director da colección Darío Villanueva, está constituído por Carlos Baliñas, José Castillo, Ramón Máiz, Peregrina Quintela, Ofelia Rey, Antón Santamarina, José Sordo e Mª Jesús Taboada. A colección, que naceu en 2002, está financiada na súa integridade pola Fundación BBVA, que é encargada da súa co edición xunto coa USC.
Así, según sinalou o director de Edicións USC, Juan L. Blanco Valdés, departamento encargado da execución editorial da colección, a colección “mantén dende as súas orixes un ADN puramente universitario, pois os prologuistas e tradutores son sempre docentes e investigadores da casa, e, co xeneroso mecenado da Fundación BBVA, supón unha achega verdadeiramente histórica á cultura contemporánea de Galicia, ademais dun esforzo editorial que, tanto cuantitativa como cualtitativamente, non ten parangón algún”.