24 abril, 2024
A USC tamén quere ser partícipe da conmemoración do Día Mundial do Libro, polo que esta, a través de Edicións USC, aposta por dinamizar entre a comunidade universitaria a actividade editorial propia. Así, entre os días 23 e 30 de abril, poderáse adquirir cunhas condicións especiais calquera título da Libraría dixital da propia USC
Os exemplares poderán ser adquiridos pola comunidade universitaria cun desconto especial do 30%, ben presencialmente en horario de 9 a 14:00 h no punto de venda da editora (Casa Gradín, Campus Vida) ou ben a través da venda en liña na propia libraría dixital.
Na actualidade, tal e como sinala a entidade, o fondo vivo de libros de Edicións USC supera os mil títulos comercializados, distribuídos en máis de cincuenta coleccións.